Sistema de estilo
Todo o necesario para que calquera páxina, documento ou publicación do centro se recoñeza como nosa: cores, tipografías, compoñentes e plantillas listas para usar.
Tokens
Cores, tipografía, espazado, radios e sombras. Valores copiables ao clic, en CSS e JSON.
Ver tokens →Compoñentes
Botóns, formularios, táboas, avisos e navegación xa estilados e accesibles.
Ver compoñentes →Manual de identidade
As 17 páxinas do manual: logotipo, usos correctos, aplicacións e criterios web.
Abrir manual →Plantillas
Circulares, certificados, diplomas, tarxetas, carteis e placas, editables e imprimibles.
Ver plantillas →Descargas
Logotipos, follas de estilo e ficheiros de tokens para levar ao teu proxecto.
Descargar →Engadir o estilo a unha páxina
Dúas follas de estilo e as dúas fontes. Todas as variables e clases levan o prefixo --bl- e .bl-, así que non chocan con ningún framework.
<link rel="preconnect" href="https://fonts.gstatic.com" crossorigin> <link href="https://fonts.googleapis.com/css2?family=Fredoka:wght@400;500;600;700&family=Nunito:wght@400;600;700&display=swap" rel="stylesheet"> <link rel="stylesheet" href="https://estilo.ceipbelesar.org/css/tokens.css"> <link rel="stylesheet" href="https://estilo.ceipbelesar.org/css/componentes.css">
Tres regras que non se negocian
A identidade vive nos bordes
Verde bosque na cabeceira, no rodapé e no botón principal. O contido lese sobre crema ou branco, nunca bloques longos de texto sobre verde.
Fredoka titula, Nunito explica
Fredoka en titulares, menú, botóns e cifras. Nunito en todo o texto corrido e nos formularios. Corpo de 16 px como mínimo.
Accesible por obriga
Contraste 4.5:1, foco sempre visible, área táctil de 44 px, lang="gl" e ningún estado indicado só coa cor.
